A NOSA EMPRESA

Ardora Comunicación SL é unha empresa especializada en organización de eventos, márketing e comunicación.
Foi creada en 2008 por un grupo de profesionais con máis de 15 anos de experiencia en comunicación e xestión.
Isto supón un amplo coñecemento das diversas problemáticas e enfoques, que enriquece e eficacia das nosas solucións e propostas.



A NOSA MISIÓN

Converter unha boa idea nun produto rendible.



O NOSO PRODUTO

Unha nova fórmula de incidir no mercado mediático que se asenta na análise especializada e na creatividade novidosa.


EQUIPO

Ardora Comunicación SL conta cun equipo de profesionais especializados en Organización, Márketing e Comunicación, entre outras disciplinas, con experiencia nunha ampla variedade de sectores de actividade. Ademais da súa preparación, destaca o seu potencial investigador e creativo e a súa disposición para escoitar ao cliente, ser rápidos e eficaces na identificación das causas dos problemas e na definición das solucións, con entrega, flexibilidade e rigor profesional.

Os profesionais de Ardora Comunicación SL dominan as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, que incorporaron como ferramentas habituais no seu labor cotián. Ardora mantén unha política de formación e preparación das persoas que traballan na empresa cunha posta ao día permanente.


O NOSO COMPROMISO

Ardora Comunicación SL comprométese cos seus clientes á consecución dos obxectivos de negocio, baseándose en catro liñas mestras:
Ardora Comunicación, S.L.
Teléfono/Fax: 981 520 090 | www.ardora.eu | info@ardora.eu